Benigno Campos reivindicou que o choco de Redondela merece unha denominación de orixe canto antes, o cociñeiro do programa da tvg Larpeiros subliñou que o choco pode ser cociñado de moitas maneiras a cada cal mellor e que no programa número 1 de Larpeiros o plato estrea foi o choco de Redondela.Campos destacou tamén que os hostaleiros de Redondela teñen que ter o choco como produto destacado, só deste xeito o choco pode ser demandado por todos e todas as persoas que se acheguen a Redondela.