O concello de Redondela quere facer un museo virtual do monte Penide. O obxectivo é situar ben todos os monumentos megalíticos dese lugar e promoveloss a través da internet. Nestes momentos estudan as propostas de 8 empresas.

Aparentemente é unha fraga máis. Pero a nada que camiñamos por ela atopamos ducias de montes de terra. Quizais por iso, a este lugar lle chaman chan das formigas.

Estes montes son mámoas e no seu interior atopamos tumbas de hai máis de 6.000 anos. Estamos na maior necrópole de Galicia.

O arqueólogo Xurxo Constenla explica que se ese lugar destaca “non é tanto pola espectacularidade dos monumentos, como neste caso ten a Mámoa do Rei que si que é un dolmen propiamente dito, senón pola cantidade deles. Entre o monte Vixiador e o norte desta penichaira pode haber mesmo ata cincuenta”.

O concello de Rendondela quere facer un museo virtual deste lugar. Oito empresas optan a este proxecto.

Este cemiterio milenario ocupa o espazo de catro comunidades de montes e non recibe ningún tipo de coidado.

Vemos tumbas saqueadas, piñeiros plantados dentro da mámoa e mesmo pistas que abriron mámoas pola metade. Está claro que a maior riqueza dun pobo é o coñecemento. E que aquí aínda nos queda moito por andar.