Eva Mª García técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela comentounos que o galego é unha lingua tan importante como o castelán.Dende o Concello de Redondela traballan duro para consolidar a lingua galega, distintas actividades durante todo o ano fan que Eva estea sempre activa a prol da lingua. O Servizo de Normalización Lingüística colabora co festival internacional de títeres de Redondela.