O Festival Internacional de Títeres converteu durante a fin de semana as principais rúas e prazas de Redondela nun grande escenario. O certame é un dos máis prestixiosos de Galicia, tanto pola calidade dos espectáculos coma polo numeroso público que acode a eles.

No festival participaron 16 compañías procedentes de Francia, Bélxica, Italia e A China, ademais das galegas e as españolas. En total desenvolvéronse 25 espectáculos para todos os públicos e máis de 70 representacións por toda a vila.

Despois de pasar unhas 35.000 persoas polo festival, o pano de fondo pechouse en Redondela pensando xa en novas historias para o vindeiro ano.