A compañía de teatro Espello Negro de Andalucía foi a encargada de pechar o 14 Festival de Títeres de Redondela e a obra escollida para esta ocasión foi ” La venganza de don Mendo”. Números musicais un vestiario impecable humor etc,converteron esta adaptación dun clásico nun xenuíno espectáculo. Todos os presentas á obra tivemos o pracer de contemplar unha actuación maxistral de teatro.