A galeguización das nosas festas populares debe ser un obxectivo prioritario das súas comisións organizadoras. Abonda con que reparen no programa desta nova proposta galeguizadora para aplicar as propostas que se recollen nela. O grupo A Roda, a quen dedicamos esta nova campaña das “MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA”, simboliza o exemplo musical que se identifica coa nosa cultura e lingua. As comisións de festas teñen a oportunidade de suxerirlles ás orquestras a galeguización dunha parte do seu repertorio. (fonte: http://www.galeguizargalicia.tv)