TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e  instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce  bailando, cantando e escoitando música de seu.15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en  común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para  que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega.