“Galicia é unha mina”, di un dos lemas da Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia. E é verdade. Entre as comunidades autónomas, Galicia é só a sétima por superficie, pero a cuarta en produción mineira, con máis de 520 explotacións activas que xeralmente non son un exemplo de respecto á lei e ó patrimonio ambiental. Agora, coa escusa da crise e da procura dalgúns postos de traballo por algúns anos, a Xunta quere permitir que a codicia das empresas de minería convirta Galicia enteira nunha gran mina a ceo aberto, destruíndo o noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico, poluindo o medio ambiente e poñendo en perigo a saúde das persoas. Aínda hai tempo para salvar a Galicia, que agora está máis en perigo que nunca. Ou actuamos agora, ou ímola perder para sempre. Asina esta petición agora e solicita ao presidente da Xunta que non permita a destrución de Galicia.

Apoia esta campaña asinando en: este enlace (www.change.org/salvemosgalicia)

Vídeos relacionados