No día de onte celebrouse o pleno extraordinario coa intención de chegar a un acordo para aprobar os orzamento 20013. A concelleira Ana Alonso abriu a sesión coa exposición de motivos aludindo á inversión realizada polo concello de Redondela no exercicio do ano 2012. Tamén calificou que os novos orzamentos que presentan foron elaborados coa mellor intención posible e consideran que sería un erro por parte da oposición non aprobalos.