O alcalde de Redondela, Xabier Bas, do Partido Popular, perdeu onte a cuestión de confianza que presentou ao non conseguir a aprobación dos orzamentos municipais.

Bas gobernaba en minoría con dez concelleiros, fronte a 8 do PSdeG-PSOE, dous do BNG e 1 de Agrupación de Electores. Agora, os grupos da oposición teñen un prazo de 30 días para propoñer un candidato alternativo á alcaldía, a través dunha moción de censura.

No caso de que que non cheguen a un consenso aprobaranse automaticamente as contas propostas polo equipo de goberno.