Uns dos plenos máis importantes do ano foi o que se celebrou onte na Casa do Concello de Redondela. Nel íase votar a cuestión de confianza vencellada aos orzamentos que o alcalde de Redondela Javier Bas presentou no pleno pasado. A primeira quenda de palabra foi para a edil do BNG que criticou a masiva fluencia de espectadores antes de que se abriran as portas. O alcade de Redondela Javier Bas comezou o acto cunha intervención que durou algo máis dun cuarto de hora.