Esta manobra de incorporación á estrada, no cruzamento de Loureiro, na parroquia redondelá do Viso, pode supoñer un risco importante. Ás dificultades de visibilidade únese a gran velocidade á que circulan algúns vehículos. Os veciños piden que se lles coloque un espello que mellore a seguridade viaria. Na zona viven moitos nenos e persoas de idade avanzada, que se queixan dos riscos que sofren acotío. Por iso demandan que se empreguen os elementos precisos para mellorar a seguridade viaria neste cruzamento.Polo momento a súa petición de contar cun espello non foi tida en consideración.