Ingredientes (para catro persoas):

  • 600 gr. de carne picada de tenreira
  • 50 gr. de noces
  • 50 gr. de piñóns
  • 200 gr. de queixo tetilla
  • 200 ml. de tona para cociña
  • 2 ovos
  • Perexil fresco
  • 2 dentes de allo
  • 2 botes de tomate frio
  • Fariña para rebozar
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración:

  • Mesturar ben a cebola picada, o allo torado e a carne e salgar. Engadir un ovo, perexil, e os froitos secos picados e remexer. Unha vez que teña a consistencia desexada, arrefriar no frigorífico durante un par de minutos.
  • Facer as albóndegas, pasalas por fariña e fritilas en abundante aceite.
  • Quentar a salsa de tomate e incorporar as albóndegas. Deixar ferver as albóndegas co tomate para que collan sabor.
  • Quentar 100ml. de tona e derreter nela un anaquiño de queixo.
  • Servir as albóndegas sazonadas coa crema de queixo. Decorar con froitos secos e perexil.