Xa está preparada a programación para a nosa gala do vindeiro sábado. Queremos compartir con todos vós un ano de moito traballo pero tamén de moitas satisfaccións.O programa será o que sigue con presentación a cargo de Paulo Medal de Redondela TV:
  • proxección das curtametraxes de Manuel e de Alex
  • entrega dos premios do concurso de debuxo e do premio a entidade local, fotomontaxe da nosa asociación.
  • remataremos cun concerto de Tangata, o recoñecido cuarteto de tangos, con Artigas Anelo, Gustavo Barcia, Laura Quintillán e Alberto Vilas.