Ingredientes (para catro persoas):

  • 2 cebolas
  • 2 cenorias
  • 1 allo porro
  • 2 follas de loureiro
  • 1 vaso de viño branco
  • 1,5 l. de caldo de pescado
  • 0,5 l. de caldo de lagostinos
  • 600 gr. de arroz
  • 4 vieiras
  • 4 toros de peixe sapo
  • 24 colas de lagostinos
  • 24 ameixas
  • 2 dentes de allo
  • 1 cullerada pequena de pemento
  • 4 toros de peixe sapo
  • Azafrán
  • 100 gr. de chícharos
  • 1 cullerada de tomate frito
  • Sal
  • Aceite de oliva

Elaboración:

  1. Nunha pota cun pouco de aceite,  fritir o porro e a cenoria torados. Engadir os toros de peixe sapo. Incorporar unha cebola picada. Engadir un chorriño de viño branco e dúas follas de loureiro. Reservar litro e medio deste caldo.
  2. Pelar os lagostinos e torar o rape, en anacos de dous centímetros de grosor. Cortar os toros en cadradiños. Reservar.
  3. Facer un caldo coas cabezas dos lagostinos e auga. Reservar medio litro.
  4. Machucar o azafrán nun morteiro e reservar.
  5. Picar a cebola e dous dentes de allo moi fino, poñelos nunha pota e cociñalos lentamente en aceite. Unha vez refogados, engadir o pemento, os lagostinos, o peixe sapo e as vieiras. Salgar e refogar. Engadir o arroz, mesturar, agregar o tomate frito e o resto do viño branco e cocer. Verter os caldos reservados, salgar e aderezar co azafrán. Mesturar todos os ingredientes e cociñar ata que comece a ferver. Agregar as ameixas e cociñar ata que abran. Baixar o lume e cocer ata que o arroz estea no punto. Engadir os chícharos e deixar facer 2 min.