Un poste de teléfonos leva case dous meses a piques de caer sobre unha vía moi transitada da parroquia de Trasmañó de Redondela.Os veciños temen que se produza una accidente e reclámanlle ao Concello que xestione o seu arranxo.Para evitar que o poste caese sobre as súas casas, operarios municipais amarrárono a unha columna. Parecía unha medida provisional pero pasou o tempo e ninguén solucionou os danos o que indigna os veciños. Os veciños do barrio reclámanlles aos responsables municipais que xestionen canto antes o arranxo porque a situación non pode continuar máis tempo así.