Redondelatv, súmase no máis sentido pésame pola recente morte dunha das persoas máis comprometidas coa cultura en Redondela ó redor das Festas da Coca, Margot Araujo foi para Redondelatv unha persoa que sempre que se lle puña un micro diante só tiña boas palabras e colaboración absoluta. No día de hoxe queremos renderlle a nosa homenaxe coa lectura do pregón das Festas da Coca deste ano e como non cunha entrevista realizada o domingo de Corpus á saída da procesión en Vilavella. Gracias ao arquivo visual de Redondelatv poderemos ter sempre presente a unha querida e admirada compañeira. O noso pesar máis infinito á familia.

(texto do vídeo no seu momento)

Unha das poersoas que está máis ao tanto das vestimentas antigas das Burras Penlas e Danzantes e Margot Araujo. Ela recolleu información de como eran antigamente as vestimentas e despois de moito investigar recreou primeiro en bocetos as ropas para posteriormente pasar a vestir aos membros do daile das espadas.