Un dos lugares máis máxicos de Redondela é o monte da Peneda, situado nun lugar privilexiado a douscentos cincuenta metros sobre o nivel do mar posúe un santuario adicado á Virxe das Neves. Nesta atalaia máxica celébrase tódolos anos a tradicional festa dos Fachos recuperada hai 15 anos polo colectivo Alén Nós. Neste vídeo cedido pola mesma asociación poderemos ver a importancia deste monte máxico.