Seis anos de internamento con tratamento psiquiátrico. Esa é a condena dun xulgado de menores de Pontevedra para o adolescente que en xullo do ano pasado matou unha muller en Redondela. O crime ocorreu nunha vivenda da parroquia do Viso onde o mozo acoitelou mortalmente a propietaria, de 72 anos, e feriu o marido. A sentenza considera a eximente de enaxenación mental e establece outros tres anos de liberdade vixiada, durante os que o mozo non poderá entrar no municipio de Redondela, onde residía cando sucederon os feitos. Tampouco poderá achergarse aos familiares da falecida.