O Concello de Redondela ven de aprobar este ano tras acordo por unanimidade en pleno nomear a Don Alejandro Otero persoeiro do ano. Tras este acordo esta semana comezaron os actos en memoria do xa desaparecido Alejandro Otero. O primeiro acto foi a entrega de ofrendas florais no cemiterio dos Eidos acto seguido inaugurouse un placa na casa natal de Alejandro e para rematar os actos do día inaugurouse unha rúa que levará o seu nome.