No ano 1992 realizábase o primeiro campus de baloncesto en Redondela chamado “Campus de baloncesto Anicet Lavodrama” o emblemático ex xogador do Clesa Ferrol, Forum Valladolid e Real Madrid achegárase a Redondela para impartir clases de baloncesto. 22 anos despois celébrase o segundo Campus de Baloncesto, nesta ocasión o máis salientable do campus son o número de participantes nel e a cantidade de promesas que apuntan moi alto cara a un futuro próximo.