Alejandro Otero Fernández xa ten unha rúa en Redondela o que fora médico e político republicano foi lembrado polas autoridades locais, familia e amigos o xoves pasado na que fora a súa casa na vila. Javier Bas alcalde de Redondela leu unha pequena biografía do xa desaparecido doutor alagando un dos aspectos máis importantes da vida de Alejandro Otero, a súa honradez. Alejandro Otero foi nado en Redondela e  pasou gran parte da súa infancia nela ata a súa segunda etapa da vida onde tivo que saír do municipio por motivos profesionais. Este ano cúmprense 0 60 aniversario do seu pasamento e o Concello de Redondela ven de conmemorar a tan ilustre persoa como persoeiro do ano.