Rematado xa o campus multideporte de Redondela Julio Mougán o director do campus coméntanos na importancia para os organizadores non deixar escapar esta oportunidade de seguir formando ao grupo de xogadores que se apuntaron este ano. Aínda que o grupo non foi moi numeroso Julio é consciente de que teñen que seguir traballando ano a ano para recuperar o prestixio do evento deportivo e precisan ser máis competitivos cos demais eventos deportivos case simultáneos que hai na vila na tempada estival. Aínda así ratifica o éxito do campus.