Veciños das parroquias de Cedeira, Santo Estevo de Negros, Vilar e Cabeiro en Redondela recolleron unhas 500 firmas que xa entregaron no concello para esixir maior seguridade viaria na N-555.
Denuncian que a falta de beirarrúas, beiravías e pasos de peóns fai que estean en constante perigo simplemente por achegarse ás súas casas, ir a coller o autobús ou camiñar dunha vivenda a outra.