A asociación de afectados pola AP9 de Chapela manifestaron a súa desconformidade coas obras de reparación que se levan a cabo na ponte de Rande e consideran que é un simple lavado de cara das descascaduras. Afirman que a ponte sofre unha falta de mantemento dende hai uns 30 anos e expresan a preocupación de que se estea a falar de ampliación.