Artelixo 2013 enche estes días as rúas de Redondela cunhas esculturas moi particulares.
Son obras feitas con material de refugallo que se mesturan co mobiliario urbano e que conviven co día a día dos veciños da vila.
O certame ofrece outras actividades culturais, coma o Videolixo, unha proxección de curtas caseiras que comeza esta noite ás dez.
Esculturas de lata, cartón, teas usadas ou botellas de plástico. Calquera obxecto de refugallo pode converterse en arte.
A proba está nas rúas de Redondela que, ata o seis de setembro, acollen máis de 40 obras feitas con materias desprezados. Os autores son persoas de todas as idades.
Hai dous anos, o colectivo socio-cultural “Senghasoil” recuperou este proxecto que naceu nos noventa como medida de protesta contra un vertedoiro incontrolado que había na vila.
Ademais da exposición ao aire libre, Artelixo organiza outras actividades coma un mercado de segunda man, concertos, obradoiros de reciclaxe infantil ou o Parnalixo.
A oferta complétase coa sección Videolixo, unha mostra de curtas caseiras co refugallo como inspiración.
Artelixo remata o vindeiro venres cun recital poético de todos os autores que participaron no Parnalixo, unha cita literaria na que, de novo, o desperdicio convértese en protagonista.