En Redondela saíron todos á rúa para celebrar o entroido de verán, que este ano cumpre a súa décimo sexta edición. Os disfraces nesta época do ano son sinxelos e frescos pero moi orixinais. A idea naceu dos propios veciños e agora esta cita reúne cada ano a máis de 20000 persoas.