Jessica Martínez, unha moza de Redondela que padece unha enfermidade neurodexenerativa, comezou hoxe a cumprir unha promesa. Face-lo camiño de Santiago antes de marchar ós Estados Unidos, onde van analiza-lo seu caso. A peregrinaxe comezou ás portas da casa do Concello do Porriño. Familiares, amigos e voluntarios da ONG Solidarios anónimos acompañan a Jessica nesta primeira etapa do Camiño ata Redondela. Jessica ten 17 anos e unha enfermidade neurodexenerativa sen diagnosticar desde os seis anos. Un hospital de Maryland, que só acepta 100 casos cada ano de todo o mundo, aceptou analizar o caso para ter un diagnóstico e intentar frear o mal. O pai di que prometeron facer o camiño se aceptaban a Jessica en Maryland. E Jessica di que tan moitas gañas de facer o camiño. Este grupo de pregrinos, ao que se irá unindo xente polo camiño, aproveitará a andaina para conseguir fondos cos que pagar a viaxe e a estadía nos Estados Unidos. Isa Bandin, de Solidarios anónimos, explica que o hospital non se fai cargo deses gastos.