O grupo A.E.R. presentou no pasado pleno unha moción sobre a ilegal cementeira situada na parroquia de Vilar en Redondela. Despois de que o tribunal superior de xustiza anulara o acordo tomado no pleno do Concello de Redondela no ano 2008, onde se lle daba a Hormigones Vigo a licencia para obrar. A día de hoxe a cementeira segue traballando despois de romper os máis de 10 precintos xudiciais.