A Policía Nacional volveu deter o presunto ladrón alcumado Spiderman en Redondela. Un asalto nun domicilio puxo os investigadores sobre a pista dun veciño de Redondela ao que lle constan corenta detencións anteriores. O home, de coarenta e un anos, adoita gabear por lugares insólitos, como tellados e fiestras, para acceder ás vivendas, por iso é que lle chaman “home araña”.Desta volta foi arrestado nunha céntrica praza da vila e xa pasou a disposición do xulgado número dous de Redondela, onde tamén indagan a súa presunta participación noutros tres roubos máis.