Hoxe Xoves día 24 de Novembro celébrase en todos os centros educativos públicos de España o terceiro día de folga en protesta pola nova Lei Lomce ou Lei Wert que hai escasamente uns días foi aprobada no congreso. Dende o seu borrador dita lei deu moito que falar entre profesionais do medio da ensinanza xa que a consideran unha lei retrograda e clasista. O director do IES Pedro Floriani Emilio González tivo o pracer de falar para Redondela.tv e explicarnos que é dita Lei e o que el mesmo considera prexudicial para o alumnado.