Hoxe é un día triste para os amigos e coñecidos de Eduardo Cobián, máis coñecido como “Boqui” . Hoxe Redondela perde a un grande loitador, unha perxoa marcada polas inxustizas da vida e admirada polas mesmas inxustizas. Hai 11 meses Redondela.tv gravou un dos capítulos da serie En Boa Compañía na que “Boqui” prestouse sen ningún problema a falar con nós, antes da entrevista comentounos que el era como era e que non nos cortáramos en preguntarlle nada e así foi. Hoxe queremos despedir a un grande redondelán emitindo a primeira parte da entrevista. Boqui esteas onde esteas vai por ti, unha aperta ben grande e non deixes de escribir a poesía que tan ben se che daba.