Un home precisou asistencia médica por inhalación de fume ao intentar apagar un incendio que se orixinou na cociña da súa vivenda por un descoido. O sinistro aconteceu na urbanización Regojo, no concello pontevedrés de Redondela, e obrigou a desaloxar un edificio enteiro. Aínda que o propietario xa volveu á casa, non así a súa cadela, que está en estado grave.  Un descoido foi a causa do incendio que se declarou na cociña do cuarto andar deste edificio de Redondela cando o seu propietario, de 42 anos, estaba fóra da casa. Cando chegou á vivenda tratou de extinguir as lapas coa axuda dos veciños antes da chegada dos bombeiros. Mesmo así, todo o inmoble tivo que ser desaloxado Por mor da inhalación do fume o dono precisou de atención médica.  O propietario xa está na casa, pero a súa cadela permanece na clínica veterianaria. O seu outro can está en perfecto estado.