Veciños da parroquia de Reboreda quéixanse do estado dunha rotonda que hai na estrada que enlaza o lugar co centro do municipio. Din que os carrís de acceso son estreitos e os camións apenas poden pasar sen subir a beirarrúa. Ademais explican que non está ben iluminada e piden un foco para evitar accidentes.