A sorte volve deixar a sua pegada en Galicia. O Gordo da Primitiva deixou no último dos seus sorteos cadanseu premio de 60 mil euros en Vilalba e Redondela. Na administración da praza da Constitución de Redondela validouse o boleto con 5 acertos afortunado con 60 mil euros no sorteo da primitiva deste primeiro domingo de novembro. No caso de Vilalba a fortuna caeu na administrración da rúa de Pravia, no centro da vila. Neste sorteo non houbo ningún afortunado na máxima categoría, cinco máis complementario. Estes premios súmanse ao da primitiva do xoves en Chapela, tamén de esegunda categoría con 93 mil euros.