O pasado venres dia 1 de novembro tiña lugar no Multiusos da Xunqueira a inauguración da exposición adicada a Alejandro Otero. Dita exposición pechaba o ano de actos adicado ao que fora médico e político socialista redondelá. A exposición está patrocinada polo concello de Redondela xunto con outras colaboracións, a data máxima para a súa visita será ata o 14 de decembro.