Os comuneiros de Pazos de Borbén queren que se cumpra a prohibición de pastoreo nos seus montes tal e como acordaron en 2008 coa administración galega.
A presenza constante de animais na estrada entre Redondela e Fornelos de Montes provoca graves accidentes. O último, o dun veciño de Pazos que repartía o pan e que permanece na UCI.
Na estrada que une Pazos de Borbén con Fornelos aínda quedan restos da egua e do feto que levaba dentro. Os veciños e comuneiros de Pazos levan anos pedindo que non haxa gando solto do monte.
Calculan que hai un cento de animais nestes montes e ningún deles pertence ós veciños de Pazos de Borbén. Están fartos dos accidentes, da entrada de animais nas súas leiras e de pasar medo cando circulan pola noite.