O P.S.O.E presentou como terceira moción no pasado pleno que o Concello de Redondela non constrúa a gardería no barrio de Parada en Chapela como ten previsto. Eduardo Reguera calificou dito barrio como un lugar de difícil aceso xa que está situado nun terreo de monte e cunha pendente moi considerable o que dificultaría o traslado por parte da xente ao lugar. Tamén propuso que se negocie para construír non só a gardería se non tamén un novo C.E.I.P nunha das fincas situadas no barrio de Cidadelle cunha extensión de trinta e cinco mil metros cadrados.