Algún afortunado, polo de agora descoñecido, gañou 93.000 euros nun boleto da Primitiva selado en Chapela, en Redondela.Hoxe ao coñecer a noticia, os clientes habituais da administracion de lotaría apresurábanse a comprobar os seus boletos, pero nada. É mesmo posible que o agraciado aínda nin o saiba, como tamén o é que se o sabe, prefira cobrar a través do banco quedando nun rico anonimato. Quen xa sabemos que está feliz, é a loteira. Esta é a quinta vez que dá un premio.