O Centro de Interpretación da Batalla de Rande ( MEIRANDE) é xa unha realidade, atrás quedaron as posibilidades remotas de facer da Fábrica do Alemán un lugar de cultura relacionado coa Batalla de Rande. A día de hoxe o MEIRANDE estará aberto a todas e todos aqueles que desexen visitalo. Este vídeo informativo amosa os puntos que se seguiron para levar adiante o proxecto a facer dunha antiga fábrica abandoada un lugar de gran importancia para todos os que se acheguen a el.