O pasado día 9 de Novembro do 20013 será unha data para lembrar na vila de Redondela xa que se inaugurou o Centro de Interpretación da Batalla de Rande máis coñecido como o( MEIRANDE). Javier Bas alcalde de Redondela foi o encargado de poñer a guinda de ouro ao acto, Bas destacou a unión das distintas forzas tanto políticas como persoais para sacar adiante tan valioso traballo xa que sen o esforzos de todos non sería posible a realización do Centro. Agradeceu tamén a labor do arquitecto da obra Carlos Fálagan e ao museólogo do centro Xurxo Constela así como á Asociación Deportiva e Cultural de Rande.