O Multiusos de Redondela acolle ata o dia 14 de decembro a exposición do que fora médico e militante socialista na república Alejandro Otero Fernández. A exposición esta organizada polo Concello de Redondela dentro do ano adicado ao ilustre médico redondelá. Na exposición poderemos atopar paneis nos que se fai un percorrido polos aspectos máis importantes da súa vida.