Os veciños das parroquias de Cedeira e de Negros están fartos do problema de iluminación pública que teñen na vía que une Redondela co aeroporto do Peinador. Trátase da Nacional 555 por onde non hai beiravías e o tráfico é continuo. Os veciños aseguran que é un risco para os peóns que temen ser atropelados.