O acto de inauguración do MEIRANDE comezou coa intervención de Juanjo Comesaña presidente da asociación deportivo cultural de Rande. Comesaña lembrou ás persoas que tiveron que ver co proxecto incluído Eduardo Reguera, tamén agradeceu o esforzo do actual goberno de Redondela sen esquecerse dos veciños e veciñas de Rande.