Despois de que a lúa presentara o seu maior esplendor os pasados días e visto o seu sorprendente atractivo no día de onte, Redondela.tv filmouna para amosar aos seus seareiros a beleza do astro. Así podíase ver onte a lúa dende calquera dos puntos da vila, un agasallo da natureza con tan so levantar a cabeza ao ceo.