Hai dous anos que o tren non pasa por Chapela polo que os veciños empregan as vías como paseo e como medio para atravesar os barrios. Non obstante, a falta de mantemento da zona fai que o lugar estea cada vez máis descoidado. Cada vez hai máis voces que reclaman que o lugar se axeite como zona de lecer.