As Palabras de Sabi@s son aquelas palabras que un pode un pronunciar cando o seu paso polo vida é o suficientemente longo como para proclamarse sabi@. É aí cando a vida fai que un home ou muller sexan nomeados sabi@s pola universidade máis importante do mundo A Vida. Redondela.tv coa colaboración do Centro de Día Arela buscou ata atopar a dúas persoa nomeadas como sabias. Tanto Rosa como Rita tiveron a xentileza de cedernos parte do seu tempo e contarnos as súas vivenzas na vida.