A agrupación de electores de Redondela levou a pleno unha moción para tratar levar adiante o máis axiña posible o peche da Cementeira situada en Vilar de Infesta. Na moción pedían instar ao xulgado co contencioso administrativo nº 1 de Vigo para que emita sentenza o máis axiña posible sobre o recurso de acción de lexisvidade interposto polo Concello de Redondela, o cal realizaría o peche definitivo da fábrica.