No pasado pleno celebrado o Xoves día 28 de Novembro o P.S.O.E abandonaba a sala plenaria pouco antes de comparecer o Edil de Urbanismo Arturo González. Según o P.S.O.E abandoaron a sala xa que minutos antes os socialista defendían a moción sobre a edificación do futuro centro comercial de Redondela, e invitaban a Arturo González a entrar en diálogo e que defendera a proposta que eles mesmos pretendían levar adiante. Ao non producirse diálogo algún o P.S.O.E. identificou este acto como unha xogada maliciosa e deste xeito daría as ditas explicacións na comparecencia do P.P, na que os socialistas non terían quenda de diálogo.