Uns cacos asaltaron de madrugada un estanco de Cesantes, en Redondela.Para entrar os ladróns forzaron as portas principais que dan á estrada nacional.Unha vez dentro foron directos a colle-los cartóns de tabaco e se non o levaron todo foi porque saltou a alarma e alertou o propietario que vive xusto enriba. As cámaras de seguridade puideron rexistra-lo roubo e un veciño tamén viu correndo os cacos que parecían leva-la cara tapada. A Policía Nacional mantén aberta a investigación pra dar cos ladróns.